Bloque II. Relacións de xénero e afectividade

Introducción

Unha vez traballado, en sesións anteriores, o sistema sexo-xénero como un sistema que produce xerarquía, desigualdade e opresión cara as mulleres e a socialización de xénero cos seus impactos negativos nas nosas vidas, nesta sesión vamos abordar como todo estes mandatos de xénero e imaxinario desigual seguen impoñendo unha construción social dominante da sexualidade centrada nos desexos e mirada masculina e submisión feminina que segue a promoverse dende numerosos espazos (medios de comunicación, publicidade, pornografía…) tamén se traslada as relacións afectivo-sexuais. Trataremos de identificar estas relacións de poder, os comportamentos, prácticas e actitudes machistas e sexistas que se manifestan nas nosas relacións e como isto impide desfrutar libremente e en igualdade dunha sexualidade sa e pracenteira.

Buscaremos que sexan elas e eles as que reflexionen e visibilicen os impedimentos e os elementos necesarios para que a nosa sexualidade e as nosas relacións afectivo-sexuais se constrúan sobre o respecto, o compañerismo, o pracer e desexo mutuo (no caso de relacións), o coidado e autocoidado e na igualdade, sen violencias, libre de chantaxes e presións.

Tamén cómpre cuestionar os mitos sobre o amor romántico normalizados na nosa sociedade. Estes teñen efectos negativos e nocivos para o desenvolvemento emocional e sentimental na mocidade, sendo fonte de frustración e promovendo actitudes de control e violencia.


Obxectivos

  • Recoñecer situacións de desigualdade na expresión das emocións e dos afectos e propoñer alternativas dende o respecto.
  • Recoñecer a sexualidade e a súa construción como un proceso persoal e vital e rexeitar condicionamentos non igualitarios na súa expresión e desenvolvemento respecto do modelo dominante.
  • Comprender e valorar novas maneiras de relacionarse e de convivir dende o trato igualitario e positivo e transferir as estratexias e aprendizaxes á propia realidade persoal.

Contidos

Do 2.1. a 2.3. da materia de Igualdade de Xénero

Atraccións, mitos e modelos de amor

2.4. da materia de Igualdade de Xénero

Novas masculinidades e feminidades: deconstrucción de roles

Do 2.5 ao 2.9 da materia Igualdade de Xénero

Relacións afectivo-sexuais. A construción social da sexualidade. O trato igualitario, respecto e comprensión

2.10. da materia de Igualdade de Xénero

Estratexias de análise e resolución de conflitos

2.11. da materia de Igualdade de Xénero

Novas maneiras de relacionarse: oportunidades e riscos para a igualdade no mundo dixital


Tes unha proposta para traballar este tema?


Esta plataforma está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.