Esta plataforma recolle materiais didácticos e outros recursos que poden ser utilizados tanto no ámbito educativo formal (rapaces e rapazas da ESO) como en espacios informais onde se quera debatir e traballar entorno a prostitución, a explotación sexual e trata, pornografía e as novas formas desta violencia machista en entornos dixitais.
Nesta plataforma atoparás referencias bibliográficas, materiais e recursos para traballalos. Ademais, ofrecemos propostas de actividades de elaboración propia para abordar determinados contidos, aqueles que nós traballamos nas formacións en centros educativos. As unidades de contido que inclúen a nosa proposta de actividades virán marcadas co icono:

Unha iniciativa que parte…
Da experiencia en centros educativos
Impartimos obradoiros sobre trata e/ou explotación sexual e de novas formas de explotación sexual nas redes sociais e outras plataformas online enfocadas a mocidade.
Do traballo previo de persoas e colectivos
É moito e moi bo o traballo previo de persoas e colectivos que traballan por educar en igualdade. Nós buscamos organizalo e ofrecer as referencias (propostas, bibliografía, urls, materiais audiovisuais) que poidan orientar a túa labor pedagóxica.
Do que ti, e outras persoas, poidades aportar
Proxéctase como un espazo participativo e cooperativo en construción, que convida á comunidade educativa, e á poboación interesada pola igualdade de xénero, a seguir xerando e compartindo novas propostas e materiais.
Sobre Aliad Ultreia e o noso traballo en xénero

Aliad Ultreia somos unha asociación de Lugo, fundada no ano 1984, que entre as súas áreas de traballo desenvolve programas de prevención e atención a mulleres vítimas de todas as formas de violencia de xénero, entre elas a explotación sexual e/ou trata sexual e a prostitución.
Cremos que un elemento central no traballo nesta área son as accións de sensibilización e incidencia social de cara a abordar e traballar as causas que reproducen e perpetúan a violencia de xénero.
Durante este tempo, ademais de desenvolver campañas e accións de rúa destinadas a toda a poboación, tamén impartimos dende fai anos obradoiros formativos e preventivos en centros de secundaria da provincia de Lugo.
Outros espazos con materiais en igualdade
Contacto
Onde estamos
Envíanos unha mensaxe
Esta plataforma está financiada pola Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero na convocatoria de Subvención a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual y explotación sexual, así como de apoio as súas vítimas (SI431E)





