Bloque I. A construción social das identidades sexuais e de xénero

Introducción

Nestas primeiras sesións procuraremos que o alumnado descubra as mensaxes que lle chegan por diferentes vías, nas que seguen a reproducirse mundos, comportamentos, valorizacións… diferentes para mozas e mozos. Desigualdades de xénero que afectan en maior medida ás mozas e mulleres, xa que continúa a reproducirse un sistema que sitúa por riba, con maior peso e valor, todo o considerado masculino, minusvalorando e invisibilizando o considerado feminino.

O alumnado debe ser consciente de que esta socialización de xénero condiciona a súa liberdade e o seu proxecto de vida pero tamén de que este sistema desigual pode ser mudado, sendo necesario deconstruír estas aprendizaxes sexistas.

Nunha visión non só crítica, senón tamén propositiva, convídaselles a visualizar e promover outras formas de construír as nosas sociedades, máis iguais, máis diversas e xustas, asumindo o compromiso cara o cambio e transformación a nivel persoal, relacional e social.


Obxectivos

  • Comprender o proceso de socialización na construción das identidades de xénero.
  • Deconstruír a socialización de xénero que crea modelos limitantes para o proxecto de vida, especialmente para as mulleres.
  • Identificar os axentes da socialización de xénero.
  • Tomar consciencia como a socialización de xénero invisibiliza e/ou minusvalora a aportación das mulleres e os ámbitos tradicionalmente considerados femininos.

Contidos

Do 1.1. ao 1.4 da materia de Igualdade de Xénero

Sistema sexo-xénero. Igualdade formal e real. Feminismo e machismo

Do 1.5. ao 1.8. da materia de Igualdade de Xénero

Sexismo, roles de xénero e estereotipos. O sistema de socialización diferenciada. A construción das identidades. Os axentes de socialización.

Tes unha proposta para traballar este tema?


Esta plataforma está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.