Introducción
A finalidade da unidade é recoñecer e valorizar o papel das mulleres ao longo da historia en todos os eidos e espazos, tanto na creación de coñecemento e desenvolvemento de roles que rachan co establecido e cos mandatos de xénero coma na valoración dos traballos asignados tradicionalmente ás mulleres, dende o coidado ata os seus papeis comunitarios.
Mostrar como as mulleres participan nas loitas e reivindicacións ao longo da historia, facendo fronte as discriminacións que sufrían polo feito de mulleres, poñendo na axenda as súas necesidades e problemas e construíndo novas realidades e estratexias de afronte ante as desigualdade e a mellora das sociedades e entornas onde viven.
Buscárase, de igual maneira, que o alumnado identifique espazos, comportamentos e prácticas que poida desenvolver na súa contorna para acadar a igualdade, cara o recoñecemento, valorización e redistribución do papel das mulleres en todos os espazos, públicos e privados.
Obxectivos
- Coñecer os dereitos humanos fundamentais
- Visibilizar a diferente participación de homes e mulleres nos distintos ámbitos sociais.
- Identificar a participación de mulleres e homes nos ámbitos público e privado, recoñecendo a diversidade de situacións discriminatorias cara ás mulleres e analizando as consecuencias negativas.
- Coñecer e valorar o papel das mulleres ao longo da historia e no tempo contemporáneo, así como o proceso de ocultación sufrida.
- Coñecer e aplicar os mecanismos de uso da linguaxe inclusiva.
- Identificar os recursos lingüísticos que contribúen a visibilizar as mulleres no discurso a través do uso non sexista da linguaxe.
- Identificar actitudes positivas propias ou no seu contorno situacións de cambio que conduzan á igualdade entre os sexos.
- Realizar propostas para conseguir a ampliación de dereitos e acadar así a igualdade real e efectiva, así como o recoñecemento e valoración social da muller.
Contidos
Dereitos humanos e igualdade. A discriminación das mulleres
Visibilidade e recoñecemento das mulleres nos diferentes eidos
A linguaxe inclusiva dende a perspectiva de xénero
Alternativas para acadar a igualdade real de homes e mulleres
Tes outra proposta para traballar este tema?
Esta plataforma está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.