Bloque IV. Cara unha sociedade sen violencia machista

Introducción

Este bloque enlaza co traballado nas sesións anteriores en torno a socialización e desigualdades de xénero, vinculando as violencias machistas como as expresións máis directas do sistema patriarcal.

É importante contar cun traballo previo en torno ás relacións de poder, estereotipos de xénero, e o xénero como construción social xerárquica que promove e valora como superior o considerado masculino sobre o considerado feminino, e que perpetua e promove a desigualdade no acceso e control de homes e mulleres a todas as esferas da súa vida.Previamente debemos ter identificado como este sistema desigual e machista é promovido e normalizado por todos os medios, mandando múltiples mensaxes dende diferentes frontes que buscan a normalización e xustificación das desigualdades e a invisibilización das súas consecuencias.

Ofrécense diferentes actividades dirixidas a afondar no tema da trata, visibilizándo como unha forma de violencia de xénero, un máis dos casos de violencia estrutural contra as mulleres. Esta identificación é fundamental para poder facer fronte as súas causas e traballar sobre elas. Recomendamos que antes de chegar a esta lección se teñan traballado os seguintes temas:

  • Violencia sexual.
  • Hipersexualización e obxectivación das mulleres e nenas (na música, películas, cancións, publicidade….).
  • Violencia simbólica.
  • Masculinidade hexemónica (incidir sobre os mitos da promiscuidade innata, a dominación sexual e a falta de control sexual dos homes).
  • Relaciones afectivo-sexuais en igualdade = dereitos sexuais.
  • Mitos do amor romántico na construción de modelos de relacións desiguais entre homes e mulleres.

A proposta presentada amplía os obxectivos e contidos da materia en relación á trata e explotación sexual, cunha abordaxe máis completa e integral, vinculándoa coas aprendizaxes previas.


Obxectivos

  • Comprender que as distintas desigualdades derivan en discriminacións e violencias.
  • Identificar, recoñecer e analizar as consecuencias dos distintos tipos de violencia machista.
  • Identificar os diversos sinais de alerta para detectar e prever a violencia machista nas relacións interpersoais propias e/ ou do seu contorno.
  • Buscar exemplos da trata de mulleres e nenas en distintos medios audiovisuais e escritos.
  • Demostrar solidariedade con todas as vítimas da violencia machista.

Contidos

Do 4.1. ao 4.4. da materia de Igualdade de Xénero

A violencia machista como consecuencia da desigualdade. Recoñecemento das diferentes formas de violencia machistas e consecuencias

4.5. da materia de Igualdade de Xénero

A trata de persoas e a exclavitude sexual como formas de violencia contra as mulleres

4.6. da materia de Igualdade de Xénero

Solucións para saír das espirais de violencia

Tes outra proposta para traballar este tema?


Esta plataforma está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.