Solucións para saír das espirais de violencia

(Contidos do 4.6. da materia de Igualdade de Xénero)

Actividade 1. Recoñecéndonos

Actividade 2. Bo trato

Actividade 3. Eu son unha mesa

Introducción

Esta sesión forma parte do bloque de traballo en torno á prevención e resposta ante as violencias machistas. Se ben na proposta da materia vai dirixido a expresar solidaridade coas vítimas, cremos que incluíndo isto, moi importante, sería interesante traballar ferramentas que detecten e fagan fronte a comportamentos, prácticas e actitudes sexistas e machistas que son as sinais iniciais de violencias machistas. Propoñemos traballar a aula o bo trato e o coidado como ferramentas que poden impedir agresións e malas formas e trato nas relacións interpersoais entre mozas e mozos.

Obxectivos didácticos

– Ser capaces de autovalorarse, recoñecendo as características positivas que posuímos así como recoñecer as das demais persoas que nos rodean.

– Situar o bo trato e o coidado como referentes para facer fronte a intentos de chantaxes, manipulacións e controis da nosa vida

– Reflexionar sobre límites, autocoidado e relacións sas.

– Identificar aqueles comportamentos, prácticas e actitudes que xeran relacións desiguais e tóxicas que son, en moitas ocasións, o xerme das violencias machistas

Criterios de avaliación

B4.5. Demostrar solidariedade con todas as vítimas da violencia machista.

Ser capaces de valorarnos positivamente e visibilizar a importancia de coidarnos.

Identificar comportamentos, prácticas e actitudes que son daniñas para nos e protexernos ante elas.

Estándares de aprendizaxe

IGUB4.5.1. Realiza un produto (cartel, folleto, presentación, artigo xornalístico, blog…) que expoña de xeito sinxelo e positivo mensaxes e propostas de solución para afrontar as situacións de violencia machista.

IGUB4.5.2. Incorpora, de xeito gradual, a linguaxe inclusiva nas súas intervencións orais e producións escritas.

Competencias

  • Conciencia de comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia aprender a aprender
  • Competencia de sentido da iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencias sociais e cívicas.

Referencias de interese

Caínzos Rodríguez, María Paz (2015) Percorre o teu labirinto. Manual de xénero e autoestima, InteRed Galicia. Accesible en: https://www.intered.org/es/recursos/recorre-tu-laberinto-manual-de-genero-y-autoestima

Caínzos Rodríguez, María Paz; Flete Mallol, Elia; López Salorio, Lucía; Ojea Pena, Victoria e Fernández Rodríguez, Javier (2018) Percorre o teu labirinto. Guía metodolóxica, InteRed Galicia. Accesible en: https://www.intered.org/es/recursos/recorre-tu-laberinto-guia-metodologica


Esta plataforma está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *