Propostas educativas para traballar a igualdade de xénero


Esta plataforma recolle materiais didácticos e outros recursos adaptados ao temario da materia “Igualdade de Xénero” ofertada para 1º e 2º de ESO pola Consellería de Educación para os grupos de Secundaria, aínda que adaptable a contextos diversos.

A materia estrutúrase en 4 bloques temáticos, nos que se desenvolven 31 contidos diferenciados. Nesta plataforma atoparás referencias bibliográficas, materiais e recursos para traballalos. Ademais, ofrecemos propostas de actividades de elaboración propia para abordar determinados contidos, aqueles que nós traballamos nas formacións en centros educativos. As unidades de contido que inclúen a nosa proposta de actividades virán marcadas co icono:

Anímate a navegar pola web e descubrir os materiais e actividades que recollemos para ti!

Bloque I. A construción das identidades sexuais e de xénero

Bloque II. Relacións de xénero e afectividade

Bloque III. Da discriminación á igualdade de oportunidades

Bloque IV. Cara unha sociedade sen violencia machista


Unha iniciativa que parte…

Da experiencia en centros educativos

Impartimos obradoiros sobre trata/explotación sexual como forma de violencia machista en centros de secundaria (Plan Proxecta “365 días de igualdade”), e en torno a construción da igualdade e a prevención de violencias machistas en primaria e secundaria.

Do traballo previo de persoas e colectivos

É moito e moi bo o traballo previo de persoas e colectivos que traballan por educar en igualdade. Nós buscamos organizalo e ofrecer as referencias (propostas, bibliografía, urls, materiais audiovisuais) que poidan orientar a túa labor pedagóxica.

Do que ti, e outras persoas, poidades aportar

Proxéctase como un espazo participativo e cooperativo en construción, que convida á comunidade educativa, e á poboación interesada pola igualdade de xénero, a seguir xerando e compartindo novas propostas e materiais.


Sobre Aliad Ultreia e o noso traballo en xénero

Aliad Ultreia somos unha asociación de Lugo, fundada no ano 1984, que entre as súas áreas de traballo desenvolve programas de prevención e atención a mulleres vítimas de todas as formas de violencia de xénero, entre elas a explotación sexual e/ou trata sexual.

Cremos que un elemento central no traballo nesta área son as accións de sensibilización e incidencia social de cara a abordar e traballar as causas que reproducen e perpetúan a violencia de xénero.

Durante este tempo, ademais de desenvolver campañas e accións de rúa destinadas a toda a poboación, tamén impartimos dende fai tres anos obradoiros formativos en centros de primaria e secundaria da provincia de Lugo.

Formamos parte do proxecto «Por 365 días de respecto e igualdade«, impulsado pola Rede Galega Contra a Trata dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.


Outros espazos con materiais en igualdade

Materiais educativos de InteRed: enfoque de coidados e coeducación
Ferramentas educativas para traballar a sexualidade de Sidastudi
Materiais de UGT para traballar en igualdade na aula
Recursos de Fundación Mujeres, na prevención da violencia de xénero

Contacto

Onde estamos

Envíanos unha mensaxe


Esta plataforma está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.